AS NOSAS ÁREAS DE INTERVENCIÓN (PRODUCTOS):

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria:

  • Asistencia para levantarse e deitarse.
  • Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
  • Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
  • Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
  • Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.
  • Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria:

  • Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
  • Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.

c) Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda:

  • Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
  • Compra de alimentos e outros productos de uso común.
  • Preparación dos alimentos. Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de alimentación a domicilio (Xantar na Casa).
  • Lavado e coidado das prendas de vestir.
  • Coidados básicos da vivenda.

d) Atencións de carácter psicosocial e educativo:

  • Intervencións técnico profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

e) Atencións de carácter complementario:

Poderán integrarse, ademais, dentro do SAF, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre baixo demanda:

  • Perruqueria en Domicilio
  • Sevizo de enfermeria: Hospital e Domicilio
  • Limpezas domesticas e industriais
  • Limpezas de primeira ocupación
  • Limpezas de choque.
  • Psicoloxía que realiza tarefas de apoio e formación a auxiliares e en caso de necesidade acude os domicilios dos usuarios a prestar os seus servizos
  • Manicura, pedicura e podoloxía.
  • Vixilancia e compañía en centros hospitalarios.
  • Comida a domicilio.
  • Servizo de lavandaría.
  • Servizo de estética.
  • Coidado eventual de Menores. (canguros)
  • Coidado eventual de Adultos
  • Servizos 24h de asistencia no fogar.
  • Desprazamentos con acompañante ou coidador.
  • Organizacións de excursións de interese turístico.

Politica de Calidad (descarga)

Carta de Servicios (descarga)

Aviso Legal

Política de Privacidad

Servizos para as persoas 

Universalizar e mellorar as prestacións

Humanidade 

Unha mellora da calidade de vida persoal e familiar mediante os productos qu forma parte da nosa carta de servizos.

Calidade de vida 

Promover, manter ou restablecer a autonomía das persoas prestando unha atención socio-sanitaria, persoal e doméstica

O noso fin consiste en promover, manter ou restablecer a autonomía das persoas prestando unha atención socio-sanitaria, persoal e doméstica dende unha perspectiva integral e normalizadora en aquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal, física, psíquica e social ou en situacións de desestructuración familiar, para facilitar a permanencia no seu medio habitual de vida, evitando situacións de desarraigo e desintegración social e a súa posible institucionalización. Axuda a domicilio